top of page

Señora e alma da casa _ Cantareiras de Ultreia

Cantemos e mais bailemos,

na mellor festa que hai,

que hoxe naceu un neno,

que está nos brazos da nai.

(bis)

 

Señora e alma da casa,

véñanos a despachar,

que está a noite moi fría,

non podemos agardar

(bis)  

 

Teño una pitiña teño,

con doce pitos tamén,

para regalarlle a María,

que está parida en Belén.

(bis)

 

Señora e alma da casa,

véñanos a despachar,

que está a noite moi fría,

non podemos agardar.

(bis)

Logo virán os pastores,

que tamén o queren ver,

levan ovos e manteiga,

e una xarriña de mel.

(bis)

 

Señora e alma da casa,

véñanos a despachar,

que está a noite moi fría,

non podemos agardar.

(bis)

 

O día de Noiteboa,

é o día de Nadal,

hei comer moitas castañas,

que me vai dar miña nai.

(bis)

 

Señora e alma da casa,

véñanos a despachar,

que está a noite moi fría,

non podemos agardar.

(bis)

Señora e alma da casa -
00:00 / 00:00
Señora e alma da casa - máis lenta
00:00 / 00:00
bottom of page