top of page
Pandeirada de Tella
Veño do lugar de Tella
de ver unha telleana,
que me rouba o corazón
e se me meteu na ialma.
Ailala ailala
Ai lalai lalai la lai la [BIS]
A ferreña sen pandeiro
e o pandeiro sen ferreña,
son como a barca sen remo
e o remo sen mariñeiro.
Ailala ailala...[BIS]
Os fillos da miña filla
todos meus netiños son,
os fillos da miña nora
quizais si ou quizais non.
Ailala ailala...[BIS]
Dáme o que che pido nena,
que non che pido diñeiro,
Dáme a túa ovella negra,
para xunta-la ó meu carneiro.
Ailala ailala...[BIS]
Pandeirada de Tella -
00:00 / 00:00
bottom of page