Videoclip. A banda da Loba. Cruel filosofía.
A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)
Letra. Cruel filosofía.
Danzas no tempo
que aínda é mar.
Danzas no tempo
que aínda é mar
e non chega.
Danzas no tempo
que aínda é mar.
Danzas no tempo,
eu xa dancei tamén
eu xa dancei tamén
eu xa dancei tamén
supondo que regresaba
con cada golpe de luz
con cada golpe de luuuuuuuuuz
Cruel filosofía:
florecer nas espiñas
Cruel filosofía: florecer
Cruel filosofía:
florecer nas espiñas,
flor, florecer!
Todos os feixes están
Todos os feixes están
sempre por atar
Todos os feixes están
Todos os feixes están
sempre por atar
e o baile non ata
e o baile non ata
e o baile non ata.
Cruel filosofía:
florecer nas
espiñas
Se é posíbel que as
órbitas
de dous astros remotos
se crucen
Por que desconfiar
da felicidade?
Actividades musicais.
Videoclip. A banda da Loba. Fiestras abertas.
A BANDA DA LOBA. Fiestras abertas (Luísa Villalta)
Letra. Fiestras abertas.
A amizade ten flor que rebenta nas paredes,
sobrevive da podremia mutua
e só precisa das fiestras abertas
onde nace e se deita o sol de dentro.
A amizade só precisa das fiestras abertas.
Compartir as cordas de tender a roupa
vibrantes de emoción e de necesidade
por aquelas cousas que a auga da vida non dá lavado,
pola dor que as esfrega, deteriora, volve inúteis
e entón hai que poñelas a secar
ao ar das bocas abertas, xanelas asustadas.
A amizade só precisa das fiestras e as bocas abertas,
das cordas de tender,
vibrantes de emoción
e de necesidade.
Non é amor no sentido estrito da palabra
senón amor de luz,
esa grande indiferencia que produce estar ao alcance
estar ao alcance
porta con porta, vida con vida,
coas cordas frouxas, destensadas
máis e máis
a medida que a auga do tempo amolece o tecido irreversíbel
destes nosos corpos, o único que somos.
A amizade só precisa das fiestras e as bocas abertas,
das cordas de tender frouxas, destensadas vibrantes
(de emoción
e de necesidade).