top of page

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta. 

Luísa Villalta Gómez naceu na Coruña no ano 1957. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e alí licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa. Dedicou parte da súa vida profesional á docencia da Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario. Pero era ademais música, titulada superior en violín. Formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela. 

Foi autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos en lingua galega. 


A súa experiencia musical, sen dúbida, influíu na súa creación literaria. Diso deixou constancia no ensaio O outro lado da música, a poesía (1999) e en artigos como A Música e Nós (2002), Poética “Sobre un certo estado de conciencia” (2002) ou A língua dos sons (2003), onde fala da relación entre a palabra e a música e da súa experiencia persoal nos momentos de creación.

Na súa obra tamén estivo presente a consciencia de ser muller, de vivir nunha sociedade onde os homes e as mulleres están marcados de maneira moi diferente polo feito de selo.

Faleceu o 6 de marzo de 2004, aos 46 anos, e os seus restos atópanse no cemiterio coruñés de Santo Amaro, onde foi despedida cun acto a cargo de escritores e poetas galegos, con poemas e música de violín.

Texto extraído de culturagalega.gal e imaxe da Wikipedia

Recursos da autora na web:

bottom of page