top of page

A ESCRITURA MUSICAL NA IDADE MEDIA: Evolución

Durante a Idade Media cambiou considerablemente o xeito que tiñan os músicos de poñer por escrito a música. 

1. Nos inicios do Canto Gregoriano os monxes escribían unhas pequenas liñas enriba do texto para indicar se a melodía subía ou baixaba.

Estas pequenas liñas chamábanse neumas. E este tipo de notación musical coñécese como notación neumática, e atopámola entre os séculos IX e XI. Os neumas servían de guía para o canto, se xa coñecían a melodía de anteman, pero non indicaban nin unha altura precisa nin a duración das notas. 

2. No século XII os neumas adoptaron unha forma máis definida (cadrada) e dará lugar a notación cadrada, que atopamos entre os séculos XII e XV.

Ademais, xa dende o século X, comezáronse a empregar as catro liñas (tetragrama) para escribir os símbolos musicais. 

O monxe benedictino Guido d'Arezzo colocou primeiro unha única liña vermella que indicaba a nota FA. Despois engadiuse outra amarela para a nota DO e logo chegaron ás catro liñas do tetragrama. 

O nome das notas musicais:

O nome das notas musicais debémosllo tamén ó monxe benedictino Guido d'Arezzo. Empregou un himno a San Juan Bautista para adxudicar a cada son un nome. Así apareceron as notas: ut, re, mi, fa, sol, la. A nota si aparecería máis tarde. 

3. No século XIII xurde a notación mensural, na que as notas xa tiñan formas diferentes segundo a súa duración. 

// María Martínez
bottom of page