1 _ Neste período, tan convulsionado polas invasións (que durarán máis de 300 anos), detense o progreso da civilización e da música. A paz volverá por fin ó redor do ano 800. A igrexa católica é omnipotente e os reises teñen todo o poder...
no imperio de Carlomagno propágase o CANTO GREGORIANO, que dous séculos antes fora imposto polo Papa Gregorio en tódalas igrexas.
2 _ Os monxes, que son os únicos que saben ler e escribir, copian estos cantos gregorianos e por iso hoxe coñecemos mellor a música relixiosa (e non a popular) de aquela época.
Non hai instrumentos no canto gregoriano, pois moita xente considera que estos aparatos eran obra do demo.
3 _ No ano 711, os árabes invaden Europa, para convertila ó Islam. Carlos Martel os detén en Poitiers no 732.
4 _ Os árabes, instalados en España e Sicilia, desenvolverán unha civilización moi avanzada. En Córdoba levantan 600 mezquitas, inmensas bibliotecas, e incluso dotan de alumeado ás rúas, algo que en Londres e París non terán ata 700 anos máis tarde...
A súa música inflúe tanto nos costumes como na fabricación de instrumentos, no continente.
Cómic da música na Idade Media
5 _ Os instrumentos evolucionan a causa das guerras e as viaxes, que facilitan a súa circulación.
6 _ Durante a Idade Media, as cancións teñen unha soa voz, e están compostas a partir dunha soa línea melódica. Logo, todo se complica coa POLIFONÍA, que é a arte de superpoñer varias melodías diferentes sobre unha mesma estructura. Ó principio, os resultados foron sorprendentes...
7 _ As grandes cruzadas da Idade Media permiten ós músicos que participan nelas, darse a coñecer fóra das súas vilas de orixe. Recollen nestas viaxes cancións populares, coas que forman un repertorio.
Así nace o oficio de compositor.
8 _ Na Idade Media, en España hai un Rei, Alfonxo X O Sabio, que é guerreiro e literato. Escribiu e fixo escribir moi variadas obras, pero na historia da música destacan, sobre todo, as súas CANTIGAS.
9 _ É un precioso libro, enriquecido con miniaturas, que contén 432 cancións sobre lendas piadosas á virxe.
Está escrito en Galaico-portugués, e, nel, aproveitando melodías gregorianas, estrofas de orixe árabe e ritmos xograrescos e populares, imprime o maior monumento artístico, musical e literario de toda a Idade Media.
10 _ Estamos na construcción da igrexa de Notre Dame de París. Aparecen os primeiros grandes compositores.
11 _ Mentres a Universidade de París ensina astronomía, xeometría, aritmética e música, a escola de Notre Dame reúne, en torno á catedral, ós maiores compositores, como Leonin, famoso polas súas innovacións de técnica musical (ritmo) e o seu alumno Perotin, que escribe obras aínda máis complexas.
París pasa a ser un centro musical moi importante.
12 _ Mentres, no campo, a agricultura desenvólvese grazas a novas técnicas, organízase o comercio, florece a arte e a música. É a época dos TROVADORES (que son nobles) e dos MINISTRILES (que son de orixe humilde). Ambos son músicos que van de castelo en castelo.
13 _ Toda Europa canta..., en Alemaña, os MINNESINGER alaban a gloria da natureza.
14 _ No teatro popular fanse "autos" e "misterios". O "Misterio de Elche" segue representándose nos nosos días en España.
15 _ En Italia, os cantos Franciscanos falan do amor ós animais.