top of page
//María Martínez
A ligadura de unión
A ligadura é unha liña curva que une dúas ou máis notas da mesma altura e suma os seus valores.
Exemplos:
Fíxate que a ligadura de unión sempre ten que estar na mesma liña ou espazo do pentagrama.
A ligadura de expresión
Outro tipo de ligadura é a ligadura de expresión que é unha liña curva que une dúas ou máis notas pero non se suman os seus valores xa que as notas están en liñas diferentes. Este tipo de ligadura non é un símbolo de prolongación musical senón de expresión.
Exemplos:
A continuación temos un exemplo de ligadura de unión e outro de expresión.
Linguaxe Musical
bottom of page