top of page

Benjamin Britten é un compositor inglés do século XX. No ano 1946 compuxo a obra “Guía orquestral para novos” (Variacións e fuga sobre un tema de H. Purcell).

"Guía orquestral para novos" de Benjamin Britten é unha obra composta para a aprendizaxe dos instrumentos da orquestra. Nela percíbense de maneira moi clara como soan as diferentes familias de instrumentos que a forman.  

Benjamin Britten (1913 - 1976)

A melodía principal da obra non a compuxo B.Britten. En realidade, está baseada nun tema musical do compositor do Barroco musical chamado Henry Purcell.

Britten emprega este tema no principio da obra, e logo introdúcelle variacións, por iso o subtítulo da obra é: “Variacións e Fuga sobre un tema de Henry Purcell”.

Henry Purcell ( 1659 - 1695)

Guía orquestral para  novos _ Benjamin Britten

Variacións e fuga sobre un tema de Henry Purcell

bottom of page