top of page

Peixes, moluscos e crustáceos

Peixes, moluscos e crustáceos - Mamá Cabra
00:00 / 00:00

Un patexo, un camarón e unha chirla,

bailaban cunha centola e unha mincha.

E no medio do baile pasou a xiba:

"Non vos quero ver bailar nesta cociña".

Un xurelo, un ollomol e unha sardiña, 

cantaban cun salmonete e unha mincha.

E no medio do canto pasou a xiba:

"Non vos quero ver cantar nesta cociña".

Unha lura, un boi e unha zamburiña,

saltaban cunha xuliana e unha mincha.

E no medio dos saltos pasou a xiba:

"Non vos quero ver saltar nesta cociña".

Mamá Cabra

bottom of page