// María Martínez
Os animais
Luar na Lubre
Os animais de dous en dous, u-ah!, u-ah!
Os animais de dous en dous, u-ah!, u-ah!
Van subindo á Arca de dous en dous,
o boi, a vaca e o caracol.
E soben cando chove, e cando vai calor.
Os animais de tres en tres, u-ah!, u-ah!
Os animais de tres en tres, u-ah!, u-ah!
Van subindo á nave de tres en tres,
a garza farta e o cempés.
Din adeus coa súa patiña, andando do revés.
Os animais de catro en catro, u-ah!, u-ah!
Os animais de catro en catro u-ah!, u-ah!
Van de catro en catro os animais,
e o saltón saltou de máis.
Quere pillalo un home que filma documentais.
Os animais de cinco en cinco, u-ah!, u-ah!
Os animais de cinco en cinco, u-ah!, u-ah!
E se van marchando en procesión
o lince, a ovella e o leirón.
Ao afundirse a Terra, acaba esta canción.
Cando se afunda a Terra, acaba esta canción.