O cometido (Chouteira)
Foron tres magos de Oriente
a cumprir o cometido,
anegóuselle a patera
na metade do camiño,
apareceu ao rescate
unha lancha de aduanas.
E de guatemala para *guatepeor,
non escapa ninguén de tanto control (bis)
E fixéchela ben e fixéchela boa
non nos deixan en paz nin en Noiteboa.
E fixéchela boa e fixéchela ben
que nos deixen en paz
para o ano que vén.
A Virxe e máis o Virutas
miran onde se deitar,
non hai sitio nas pousadas
e ocupan un portal.
Dous anxiños de paisano
van facer o desaloxo.
E de guatemala para *guatepeor,
non escapa ninguén de tanto control (bis)
E fixéchela ben...
Por entrementras os magos
seguen en comisaría,
con problemas de papeis
fartos de ver a policía.
Aquí no canto da Europa
non é todo cousa linda.
E de guatemala para *guatepeor,
non escapa ninguén de tanto control (bis)
E fixéchela ben...