O aguinaldo (Pancho Álvarez)
Día de Reis, día de Reis!
Primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedi-lo aguinaldo.
Se queren da-lo aguinaldo
non nos fagan agardar(e).
Somos de lonxanas terras
e temos moito que andar(e).
Ese señor Emilio
posto nunha vidrilleira,
parece unha rosa fina
cando sae da roseira.
E ese señor Luis
moito lle pinta a chaqueta,
Meta a man no seu bolsillo
e tíreme unha peseta!
De quen son eses *botines
que están debaixo da cama?
Son da señorita Olga
que ten cara de madama.
A ese señor Tomás
moito lle pinta o sombreiro,
Meta a man no seu bolsillo
dénos un pouco diñeiro
Aquí vén, aquí vén,
a vella co aguinaldo!
Parécenlle moitos cartos
e algo vaille quitando.
Estas portas son de ferro
aquí vive un *caballero.
Estas portas son de estopa
aquí vive un larpa sopas.
Día de Reis, día de Reis!
Primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedi-lo aguinaldo.