// María Martínez
Corre corre, cabaciña
Era unha velliña
que foi convidada
á voda dunha neta.
- Xa estou preparada!
E topou cun LOBO:
- Quérote papar!
- Non me comas, lobo,
teño que engordar.
Non vin vella nin velliña,
nin velliña nin vellón.
Corre corre, cabaciña;
corre corre, cabazón.
O lobo, que bobo!,
dixo: aquí te espero;
e a velliña andou, andou,
andou polo carreiro.
E topou cun OSO:
- Quérote papar!
- Non me comas, oso,
teño que engordar.
Non vin vella nin velliña...
O oso, orgulloso,
dixo: aquí te espero;
e a velliña andou, andou,
andou polo carreiro.
E topou cun LEÓN:
- Quérote papar!
- Non me comas, non,
teño que engordar.
Non vin vella nin velliña...
O león lambón
dixo: aquí te espero;
e a velliña andou, andou,
chegou polo carreiro.
Ao día seguinte,
voda e xantar.
a festa rachada
vai comezar.
Non vin vella nin velliña...
A noiva, que lista!,
foi correndo á horta
e á cabaza grande
abriulle unha porta.
A avoa, que lista!,
botouse a rodar
e aos tres famentos
conseguiu burlar.
Non vin vella nin velliña...